LOGROS
Xa levamos organizando as celebracións na honra da Virxe do Carme neste
pobo dende o ano 2001, así ano tras ano saímos as rúas na percura dos fondos
necesarios para poder levar a bo porto estes festexos, sabemos que cada ano
custa máis, pero non nos daremos por vencidos, tratamos de que todos os novos
veciños e todos aqueles que nesas datas se achegan ata a nosa vila disfruten.
Tivemos un ano de descanso no 2006, e aínda así ese ano con pouco tempo a festa
seguiu adiante, logo decidimos volver tomar as rendas e crear esta asociación
para ter o máis fácil iso dos permisos, como ven sabedes temos dúas contas
bancarias abertas, en Caixa Galicia e La Caixa para aqueles que queiran lles
poida resultar máis fácil a súa colaboración pois poden ir os poucos deixando a
súa colaboración pero sempre dando o seu nome.
No 2007 tivemos xogos populares, fútbol masculino, campionato de bolos,
a procesión xunto coa misa e a ofrenda floral, exhibición de bailes latinos,
verbenas e fogos artificiais.
No 2008 repetimos cos xogos populares (variando o tipo de xogos), fútbol
nesta ocasión masculino e feminino, campionato de bolos, procesión, fogos
artificiais e verbenas con grandes orquestras (de feito houbo unha gran
afluencia de público durante as actuacións destas
orquestras).
No ano 2009 a Festa do
Carme volveuse celebrar na súa VL Edición de maneira ininterrompida, repetindo
xa os tradicionais xogos populares para diversión de todos, o partido de fútbol
Solteiros Vs. Casados, Campionato de Bolos no campo de Triñans, Bailes
Internacionais con grupos Silistra de Bulgaria, Monterrey de México, Xilbarbeira
de Boiro, coas alboradas apesares de que o día 16 non puideron saír debido a
climatoloxía, coa Procesión Marítima, Misa Cantada e Ofrenda Floral na honra dos
mariñeiros falecidos o día 16 de Xullo que apesares da choiva deu unha pequena
tregua para que a Virxe saíra a percorrer o noso litoral cos barcos engalanados
para tal ocasión, coas verbenas do día 15 con Panorama e Olympus que era
incrible a xentiña que no campo da festa se xuntou, ninguén daba crédito a tal
afluencia pois os coches chegaban aparcados ata o Esteiro, Cariño e outros
lugares, o día 16 coas orquestras Tekila e Triunfo que tamén fixeron o disfrute
de todos os alí presentes, e logo a media noite os tradicionais Fogos
Artificiais Aéreos e Acuáticos os que ano tras ano acoden máis xente de todos os
lugares, nun principio parecía que a cousa ia lenta pero logo desatouse a
explosión que foi espectacular e os aplausos eran multitudinarios.
No 2009 avisamos que sería toda unha sorpresa, ¡e menuda sorpresa! ¿non
si señores e señoras?, agradecemos a súa participación en todos os actos que se
levaron a cabo, gracias polo seu apoio en todos os
aspectos.
Este ano 2009 xa comezamos a traballar a reo para as celebracións do
2010, xa lles iremos informando a medida que vaiamos elaborando todo o programa,
e xa estamos mirando as orquestras, e
tentaremos contar de novo con orquestras de moita sona en toda Galicia,,
así que xa saben hai que ir xuntando nun bote para que iso se cumpra. Lembren
que temos dúas contas bancarias en LA CAIXA i en CAIXA GALICIA se queren ir
aportando o seu granciño de area, que ós poucos e un pouco cada mes non se nota
tanto. Lembren que necesitamos de vostedes para poder lograr todo isto que
facemos, a súa colaboración coas aportacións económicas e a súa asistencia a
todos os actos fan que esta Festa do Carme do Cabo da Cruz se coñeza cada ano en
máis lugares e que acudan a ela ano tras ano xente de diferentes lugares de toda
Galicia. Tamén necesitamos xente que esté disposta a traballar por que somos
poucos e unha man non viría nada mal.
Xa contamos ca maior parte do programa para este ano 2010 e poden
comprobalo nesta web de Cabo e tamén dende Asociación de FESTAS DO CARME DO CABO DA
CRUZ, voten unha ollada e verán o
que se poden ir atopando, a medida que o programa vai estando máis avanzado
iremos informando de todas as novidades. Este ano non contaremos con orquestras
como a Panorama ou París debido a que apesares dos intentos dende agosto do ano
pasado, foi imposible dado que para as datas nas que celebramos a festa xa
estaban ocupadas. Dicirlles que comezaremos a pasar polas súas portas na
primeira semana de maio e que daremos unha segunda volta e que contamos con toda
a súa colaboración.
Todo o relativo ás Festas
do Carme 2010 saíu ben, salvo que o día 15 de Xullo para a verbena fixo acto de
presenza a choiva e a Orquestra “Costa Oeste” tivo que acabar por suspender a
súa actuación pois a choiva dáballes de fronte, así que voltarán o 23 de Xullo
para deleitarnos pola noite, gustaríanos ter algunha sorpresa para esa noite.
Acudan a disfrutar.
En breve iremos poñendo as fotos para que poidan ver todos os
acontecementos nestas Festas do Carme 2010.
Como xa poden comprobar nas fotos a FESTA DO CARME DO CABO DA CRUZ 2010
foi grande apesares da choiva, tivemos como todos os anos actos para todos os
públicos e oxalá podamos seguir facendo o mesmo pero para lograr todo iso sempre
precisamos da súa colaboración. Desde o fútbol, pasando polos bolos, bailes
tradicionais e latinos, e as xa coñecidas verbenas e os fogos artificiais todo
saíu ben pois obtivemos toda a súa colaboración tanto cando fomos a pedir como a
súa asistencia a todos os actos celebrados. Moitas gracias por
todo.
Xa temos listo o programa das Festas do Carme do Cabo da Cruz 2011
listo, simplemente faltan algúns pequenos detalles nos que estamos traballando e
tratando de conseguir dado que a crise afecta a todos e os prezos non baixan,
non saberemos se poderemos conseguir bailes e outros actos, pero o programa do
día 15 e 16 de Xullo xa esta listo e poden velo pinchando no link deses días, a
medida que se vaia achegando as datas saberemos máis e poderemos informalos de
todo. Pero dende logo contaremos con Orquestras da sona de París de Noia e
Olympus, e coma sempre teremos os xa coñecidos FOGOS ARTIFICIAS que teñen gran
sona en toda a comarca.
Programación da FESTA DO CARME DO CABO DA CRUZ 2011 lista, poden ver
toda a programación arriba CARTELES DE XULLO, ou tamén se son usuarios do
FACEBOOK e buscando Festas Do Carme Do Cabo Da Cruz alí poden ollar dende fotos
ata comentarios das persoas ás que lles gusta esta festa.
O Carme 2011 celebrouse con gran afluencia de público a todos os actos
que estaban preparados, no fútbol feminino gañaron SOLTEIRAS na tanda de
penaltis, no fútbol masculino gañaron os SOLTEIROS 3-1. No campionato de bolos
que se celebrou o domingo 10 e as semifinais e finais o martes 12 gañaron Jero e
o seu pai (de Pomar de Río). Nos xogos tradicionais do venres
15 a participación
foi grande pois as temperaturas acompañaron para as cucañas, os patos, as
carreiras de sacos e zancos etc., e logo pola noite a verbena a cargo das
orquestras PARIS DE NOIA e NUEVA GENERACIÓN un gran ambiente onde o público foi
agradecido e de todas as idades. O sábado 16 (FESTIVIDADE DO CARME) misa cantada
e a procesión marítima que rematou coa honra floral polos mariñeiros falecidos
tamén tivo unha gran afluencia de visitantes e que para algúns era a primeira
vez que ían subir a un barco e percorrer parte do litoral boirense gozando da
paisaxe apesares do fresco que facía, logo pola tarde tiveron que cancelarse os
Bailes Tradicionais por motivo da choiva pero o ventiño do norte axudou para que
pola noite os Fogos Artificiais sobre todo acuáticos brillarán con gran
esplendor para dar paso a gran verbena a cargo das orquestras OLYMPUS e
HIROSHIMA con gran afluencia de público que se divertiu moito. Gracias a todos
por acudir a esta pequena vila mariñeira estes días, esperamos que o pasaran ben
e que se queden para seguir pasando ben e coñecendo a vila
crucense.
O Carme 2012 celebrouse con dificultades pero ao final chegou a bo
porto, como cada ano no fin de semana anterior os días 15 e 16 de xullo
celebráronse os Partidos de Fútbol Afeccionado CASADOS Vs. SOLTEIROS, e CASADAS
Vs. SOLTEIRAS, non vamos poñer resultados pois do que se trataba era de pasalo o
mellor posible, e tamén no día seguinte o Campionato de Bolos como xa ven sendo
tradicional. O día 14 de Xullo celebrouse a ritmo de pandeiretas e cantareiras
co Grupo FIADEIRA con xente desta terra mariñeira, logo viñeron os Bailes
Folclóricos a cargo do Grupo XILBARBEIRA acompañados do grupo de Gaitas AR DE
LOUREDA, e para rematar pola noite unha
Festa Gastronómica do Longueirón do cal degustaron os presentes xunto con
cachelos, pan e viño, e todo por un módico prezo, e coa actuación da BANDA DA
BALBINA da cal todos disfrutaron con temas como ESTOMBALLADA ou MARIÑEIRO
MATALOTE. O día 15 e 16 as alboradas correron a cargo de A GANDAINA DE PALMEIRA
e AR DE LOUREDA. O 15 Xogos Tradicionais e pola noite coa actuación das
orquestras PHILADELPHIA E JERUSALÉN. O 16 de Xullo, día do Carme, a tradicional
Misa Cantada e a Procesión Marítima na honra dos mariñeiros falecidos, e pola
noite acompañados polas orquestras ACHÉ e PANAMÁ, a media noite a gran queima de
Fogos de Artificio de sona en toda a comarca.
Agora toca facer balance, descansar uns días e comezar a traballar xa na
organización das FESTAS DO CARME 2013 e coma todos os anos contamos con todos
vostedes.
As FESTAS DO CARME DO CABO DA CRUZ van medrando ano tras ano e iso e
gracias a todos vostedes pola súa colaboración e pola súa asistencia a todo o
que ao redor das festas se fai, seguide acudindo e disfrutando destas festas que
para nós é un verdadeiro orgullo velos disfrutar da festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario