2013

PROGRAMA 2013

FESTAS DO CARME 2013

Este ano será un pouco especial, pois a actual directiva pretendía deixar o pasado ano, pero debido ao fallecemento de Carlos, e a modo de homenaxe, están sacando forzas para que saian adiante unhas das mellores festas do Carme. 

Os dias de festa serán o luns 15 eo martes 16, pero o sábado 6 no campo de Valiño haberá os tradicionais partidos de futbol solteir@s contra casad@s e o domingo 7 o partido de bolos no campo de Triñáns.

SÁBADO 13 DE XULLO:
FOLIADA DAS FESTAS DO CARME
A partir das 20:00h contaremos ca actuación de grupos de gaitas, baile e pandereteiras.
Despois do éxito do ano pasado, tamén se fará a II Festa do Lingueirón, que será a partir das 22:00h no Peirao de Cabo de Cruz. Tamén teremos unha Gran Paella.







LUNS 15 de Xullo

Alborada a cargo dos grupos de gaitas:
A GANDAINA DE PALMEIRA e AR DE LOUREDA

A partires das 17:30 h.
Xogos Tradicionais nos arredores do campo das festas e no peirao: Cucañas, Tiro da Corda, Carreira de ovos, Carreira de Sacos e moito máis, anímadevos a participar que ó mellor algún premio ides levar.
(Haberá mesa de maquillaxe gratuíta).

As 23:00h, a verbena estará amenizado polas orquestas

ACHÉ e OLYMPUS




16 de Xullo - Día do Carme

Alborada a cargo dos grupos de gaitas: 
A GANDAINA DE PALMEIRA e AR DE LOUREDA

Ás 11:30, saída de Virxe cara a lonxa;
Ás 12:00 h. Misa Cantada na honra da Virxe do Carmea cargo da Cofradía de Pescadores e a continuación Procesión Marítima coa ofrenda floral na honra de todos os mariñeiros falecidos.


Ás 23:00h verbena amenizada polas orquestas:
PARIS DE NOIA E NUEVA GENERACIÓN



AS 23:59 FOGOS ARTIFICIAS

Información das festas deste ano 2013 na páxina de sempre:

No hay comentarios:

Publicar un comentario