Aproximase a data das
Festas do Carme.
En primeiro lugar queremos con estas palabras recordar o noso compañeiro Carlos, que nos deixou a principios deste ano. Era traballador, humilde, divertido, participativo... e moitas mais virtudes que non fai falta nin mencionar. É precisamente por todo isto polo que está presente o seu recordo cada día, nas reunións ou en cada cousa que facemos.
SEMPRE ESTARÁS
CON NÓS COMPAÑEIRO.
En segundo lugar queremos comunicar publicamente a nosa despedida como membros desta asociación.
Despois de darlle moitas voltas, de pensalo, de falalo, creemos que as festas necesitan un cambio. Necesitan un novo aire, outra forma de organizar, novas formas de pensar, en fin, xente nova con ganas e con ideas novas.
Animamos a todo o mundo a que se embarque nesta aventura, xa que aínda que é moito traballo e se perde moito tempo libre tamén é unha experiencia bonita, disfrútase de moi bos momentos.
Todos aqueles que queiran formar parte da nova directiva terán todo o noso apoio e a nosa axuda. Axudaremos en todo o que estea nas nosas mans para facervos mais levadeiro o traballo.
Despois de estar tantos anos tentando manter viva esta festa, desilusionaríanos moito que se botase a perder todo o esforzo que fixemos o longo destes anos.
Temos que agradecer a axuda e o apoio que recibimos tanto de locais, de entidades, empresas, como de tantas persoas, que colaboraron desinteresadamente con nós durante estes anos.
Sabemos que nos equivocamos algunha vez pero, tentamos facelo o mellor posible.
¡¡¡¡¡¡GRAZAS A TODOS!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario