Dirán vostedes : ¡Outra asociación máis na parroquia de O
Castro.!
Pois así é por incrible que pareza, esta nova asociación nace co gaio de
manter a marabillosa tradición que para o noso pobo son as Festas do Carme, xa
que deste xeito agardamos poder lograr, co esforzo de todos, non corra o perigo
de perderse, poida que deste xeito sexa máis doado superalos obstáculos e
trámites que unha celebración de semellantes características acaréea a aqueles
que se aventuran a tratar de levala a cabo.
Por iso, e porque queremos disfrutar con vostedes da festa, velos nenos
nas atraccións, e como non, que o noso pobo se eleve e se coñeza, e tamén pólo
moito que somos capaces de disfrutar e divertirnos un día de festa, e que non
nos arremeda o desafío que cada ano supón levar a bo porto esa
celebración.
E como xa somos vellos coñecidos, contamos con todos vostedes, polo
Carme, para o Carme e no Carme.
Saudiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario